Exquisitos pratos que xa forman parte da nosa tradición gastronómica, como moegas, callos, fígado ou manciñas de cordeiro, vitela ou porco. Receitas realizadas con produtos que, pola súa variedade e propiedades nutritivas, contribúen ao equilibrio da nosa dieta. As miudezas e produtos de casqueiría son ricos en proteínas, vitaminas e minerais e cun contido en calorías relativamente baixo.
A súa diversidade de sabores, texturas e formas permítennos elaborar dende os pratos máis sinxelos e lixeiros ata os máis creativos e sofisticados.