alimentacion.es

Campo verde en primavera Paisaje campo soleado Campo en primavera Viñedo en invierno Cereal segado Arrozal Trigo segado Paisaje de cereales en primavera Campo de trigo Viñedo al atardecer Paisaje de un encinar adehesado Viñedo en verano
Lupa
Estás en: Portada > Campañas > Carnes > Ovino e Vacún

Campañas

Carnes

Ovino e vacún

Unha iniciativa única
paisaje con ovino y vacuno

Por primeira vez en España, as carnes frescas de vacún e ovino con selo IXP únense para informar conxuntamente o consumidor acerca do significado do selo europeo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e explicar as características diferenciadoras que reúnen estas carnes con respecto a outras que non contan con esta denominación de calidade IXP.

O Instituto Innovacarne pon en marcha esta campaña de promoción e comunicación cofinanciada pola Unión Europea e o Goberno de España, a través do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, por un período de execución de tres anos, entre 2007 e 2010, e un orzamento de catro millóns oitocentos mil euros.

A través de numerosas accións en medios de comunicación, edición de folletos e publicacións, actividades divulgativas dirixidas tanto ao sector e consumidores en xeral, como a  profesionais da gastronomía, elaboración de materiais gráficos informativos, etc., o Instituto Innovacarne achegará as carnes nacionais de vacún e ovino con selo IXP aos consumidores.

En definitiva, Carnes Únicas de Terras Únicas.