Os resultados dun estudo realizado polo Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación no ámbito do “Observatorio do Consumo e a Distribución Alimentaria” sobre o coñecemento e a actitude do consumidor fronte á etiquetaxe dos alimentos poñen de manifesto certo descoñecemento deste, así como certa dificultade para a súa comprensión.
As normas da UE sobre a etiquetaxe dos alimentos recoñecen ao consumidor o dereito a saber o que come.
A información contida nas etiquetas proporciónanos un mellor coñecemento do produto que nos permite unha mellor elección de compra.
Débese dar aos consumidores toda a información esencial sobre a composición do produto, o fabricante e os métodos de almacenamento. Os produtores e fabricantes poden engadir outra información se o desexan, sempre que sexa exacta e non confunda o consumidor.
Aquí te informamos sobre a etiquetaxe dos alimentos. Animámoste a que leas o que comes porque saberás máis e comerás mellor…