- Informar sobre os beneficios do consumo diario de 5 racións de froitas e hortalizas frescas.
- Divulgar esta mensaxe a toda a sociedade incidindo especialmente na poboación infantil, grandes beneficiarios do seu consumo.
- Influír na mellora dos hábitos alimenticios da nosa sociedade.
- Incrementar o consumo per cápita de froitas e hortalizas frescas ata acadar o nivel recomendable.
Esta iniciativa conta co apoio de organismos internacionais como a Organización Mundial da Saúde e a FAO.
A Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas '5 ao día' sen ánimo de lucro e de ámbito nacional, constituíuse no ano 2000 co obxectivo de ser o instrumento de difusión desta iniciativa en España.
Co slogan '5 ao día é vital' desenvolveu no noso país, dende 2004 a 2007, unha campaña de promoción cofinanciada pola Unión Europea e o Goberno de España, a través do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación cun orzamento de cinco millóns douscentos cincuenta e oito mil €.