¿Por que? Porque a súa excelente calidade, o seu aroma e o seu sabor refrescante, alivian a sede de forma saudable e nutritiva. Porque constitúe a base da nosa Dieta Mediterránea. Porque consumida a diario, axuda a manter unha dieta equilibrada e de calidade.
¿Cando? No seu mellor momento: dende o principio da súa recolección no campo ata o final da súa época de produción. De maio a setembro é o mellor momento destas froitas.
¿Como? Aproveitando as súas propiedades nutritivas consumíndoa en cru; enteira, cortada ou en zumes naturais, lembrando que na súa gran variedade permite combinalas creando novos pratos cada día, ensaladas, macedonias, cócteles, e sobremesas.