Tomamos medidas controlando as capturas e os talles antes da primeira venda e colaborando coas administracións autonómicas e locais, competentes na comercialización posterior. Respecta os talles mínimos. Nas nosas mans está o futuro do mar. Entre todos podemos logralo evitando a pesca, distribución e consumo dos “Pezqueñines”. Para que crezan e se convertan en fonte de riqueza, alimento e saúde Consumindo “Pezqueñines” estamos desaproveitando unha gran fonte de proteína. Unha carioca de 6o g. pesará 2 kg. dentro de 2 anos. Ademais, nun peixe inmaturo a proporción de espiñas, pel e vísceras é altísima respecto a un exemplar adulto.
Protexendo os “Pezqueñines” protexerá tamén a súa saúde.