Quero dar a máis cordial benvida, como Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, do Goberno de España, a todos os visitantes desta páxina. Con ela pretendemos facilitarlles un singular modo de achegárense a un dos nosos signos de identidade: a alimentación.
A historia de España foise conformando coas achegas de diferentes culturas ao longo dos séculos. Unha das manifestacións máis ricas desa herdanza é a denominada "Dieta Mediterránea", que representa un modelo de alimentación variada, saborosa, equilibrada e saudable.
A diversidade de terras, mares, ecosistemas e tradicións reflíctese na gran variedade e riqueza de producións, que outorgaron aos nosos alimentos unha gran reputación en todo o mundo pola súa gran calidade.
Moitos deles están vinculados a un territorio xeográfico determinado, estando protexidos por Denominacións de Orixe ou Indicacións Xeográficas Protexidas. Outros deben as súas características a un método de produción específico, como as Especialidades Tradicionais Garantidas ou os produtos provenientes da Agricultura Ecolóxica.
"Alimentación.es" quere ser un medio de promoción dos alimentos de todos os sectores e todas as Comunidades Autónomas, mostrando o gran patrimonio agrario, alimentario e gastronómico español.
É un espazo aberto, dinámico, moderno e interactivo, tanto para profesionais como para consumidores. Espero, por iso, que lles sexa de utilidade a todos.
¡Benvidos!